Os amantes das viaxes gozarán da música no Gulliver Fest en Narón

La Voz NARÓN / LA VOZ

FERROL

Presentación do Gulliver Fest.
Presentación do Gulliver Fest. Concello de Narón

Celebrarase do 9 ao 11 de agosto en Pedroso

31 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

 Do 9 ao 11 de agosto, Narón celebrará a cita indispensable dos amantes das viaxes que é o Gulliver Fest. A presentación correu a cargo onte da alcaldesa Marián Ferreiro e da concelleira de Turismo, Natalia Hermida, na área recreativa de Pedroso. E alí estiveron Ángel Sánchez e Martín Vázquez desde a Asociación FurgoGalicia.

Nesta quinta edición, haberá de novo música, charlas e actividades escénicas. De momento, neste festival da cultura viaxeira xa se formalizaron máis de 350 inscricións. O venres 9 de agosto ás 10.00 horas abrirase a zona camper de autocaravanas, que pode reservarse a través da web www.gulliverfest.es. Haberá talleres de xestión de estrés ou de primeiros auxilios na natureza. A música chegará con La Duendeneta, Superglú e The Honkie Blues Band.

O sábado haberá ioga e carreiras de orientación, teatro e a música de Fanfarria Takikardia, La Ganga, La Duendeneta e Festicultores Troupe. E o último día, ofrecerase máis ioga, xogos populares e concertos de Batukada de Tambores da Lagoa, Broke Peach, Kumpania e La Duendeneta.