Ares recuperará o seu cuarto lavadoiro, con Fonte da Tella

La Voz ARES / LA VOZ

ARES

Lavadoiro de Fonte da Tella, en Lubre (Ares)
Lavadoiro de Fonte da Tella, en Lubre (Ares) Cedida

O Concello iniciou a rehabilitación deste espazo patrimonial en Lubre

11 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Durante esta semana, o Concello de Ares xa iniciou a rehabilitación do lavadoiro de Fonte da Tella. Trátase do cuarto espazo patrimonial deste tipo que recupera a administración local, «para dignificar unha infraestrutura con considerable valor etnográfico, vencellada á identidada de cada paroquia e á memoria emocional da veciñanza».

Xaforon acondicionados os lavadoiros de Baixolo (Seselle), Bulleiro (Lubre) e A Torre (Cervás).

A inversión en Fonte da Tella é de máis de 25.000 euros, «para paliar o grao de envellecemento do conxunto que agora ten múltiples fisuras, desconchóns e manchas». O prazo de execución é de dous meses.