Nunha abarrotada Casa Dopeso de As Pontes, o BNG pediu o último empuxe para mobilizar o voto
15 feb 2024 . Actualizado a las 22:33 h.Nunha abarrotada Casa Dopeso de As Pontes, o BNG pediu o último empuxe para mobilizar o voto. «Están en pánico porque saben que o 18 haberá cambio. Ana Pontón será a primeira presidenta da Xunta. Pero o cambio depende de nós. Quedan tres días e temos que falar con todo o mundo, animar aos nosos compañeiros de traballo, amigos e familia a concentrar o voto», manifestou Néstor Rego. O deputado no Congreso interver nun mitin na vila mineira secundado polo deputado do Parlamento galego e candidato, Mon Fernández, e pola concelleira pontesa Carmela Franco. Rego garantiu que o BNG loitará por unha verdadeira transición xusta para unha discriminada As Pontes, en comparación co proceso da central térmica Teruel. E reclamou para Galicia as competencias en transición ecolóxica, así como as do sector enerxético. «Por que non podemos ter o control do noso?», preguntou.
Lembrou cómo o PP «destruíu» todo o traballo do BNG durante o bipartito. Citou a Lei do 2007 para a creación de una Policía Galega, polas peculiaridades da rede vial secundaria. E reclamou as competencias de Salvamento Marítimo, tamén desde Galicia.