Noventa anos do Monumento ao Camiñante Descoñecido: fotos de vodas e icona de Fene
FENE
O seu impulsor Manuel de Pedre foi un mestre represaliado polo franquismo, Barallobre celebra hoxe este aniversario
24 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Nos anos 60 e 70, os noivos de Barallobre sacábanse as fotos de vodas no Monumento ao Camiñante Descoñecido. Deste xeito, fortaleceuse aínda máis como icona ao aparecer nesas imaxes tan presentes nos fogares de Fene. Agora este símbolo arquitectónico celebra o seu 90 aniversario, cun acto hoxe ás 12.30 horas. Impulsado pola Sociedade Deportiva Barallobre, Liga de Amigos de Barallobre e Radio Fene; a celebración nace cun libriño e recorda a historia deste monumento ao camiñante, ao medio ambiente e á cultura.
Aquela iniciativa fora do mestre Manuel de Pedre, represaliado despois polo franquismo ata ser separado definitivamente do servizo en 1940. Din que «morreu de tristura» en Vigo.
En 1984, o monumento trasladouse e ampliouse. Agora está adicado a doce mulleres e homes da cultura galega: de Rosalía de Castro a Castelao.