Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Os alumnos do Sofía Casanova logran a mellor fusión entre fotografía e matemáticas

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

Alumnado da ESO participante no concurso de Fotografía Matemática do IES Sofía Casanova, cos seus mestres.
Alumnado da ESO participante no concurso de Fotografía Matemática do IES Sofía Casanova, cos seus mestres. Cedida

Participaron nun concurso sobre as dúas materias, con obras de gran calidade

23 jun 2024 . Actualizado a las 12:05 h.

Cun gran éxito de participación, o IES Sofía Casanova de Ferrol celebrou a finais do mes de maio o seu concurso de Fotografía Matemática. Na súa quinta edición, houbo premios para todos os niveis e con referencias matemáticas atopadas tanto na natureza como no propio urbanismo.

A obra  Ln  de Miguel Trillo
A obra Ln de Miguel Trillo Miguel Trillo

No caso dos alumnos de segundo de Bacharelato, os premios foron os seguintes. Miguel Trillo foi o gañador coa foto Ln que tomou directamente desde o coche. E os accésits foron para Antonio Rivero e Antón Iglesias. Estes tres alumnos xa participaron ademais noutras convocatorias deste concurso, que se leva celebrando desde que eles empezaron en primeiro da ESO. O certame só se suspendeu durante o curso de pandemia.

Os premiados en Bacharelato no concurso de Fotografía Matemática do IES Sofía Casanova.
Os premiados en Bacharelato no concurso de Fotografía Matemática do IES Sofía Casanova.

Segundo indican desde o propio instituto, nesta competición impulsada polas profesoras e profesores de Matemáticas, «de feito Antonio Rivero e Antón Iglesias foron gañadores en edicións anteriores, cando estaban na ESO».

Inés Pérez, gañadora no nivel de terceiro e cuarto da ESO no concurso de Fotografía Matemática do IES Sofía Casanova.
Inés Pérez, gañadora no nivel de terceiro e cuarto da ESO no concurso de Fotografía Matemática do IES Sofía Casanova.

As gañadoras da ESO

No nivel de terceiro e cuarto da ESO, resultou gañadora a alumna Inés Pérez (estudante de cuarto). A súa foto chamábase Infinito vexetal e amosaba precisamente as posibilidades (sen fin) das matemáticas na natureza. E a gañadora do nivel primeiro e segundo da ESO foi Uxía Iglesias, que é estudante de segundo e irmá de Antón Iglesias (accésit en Bacharelato). Concursou coa foto A cadros.

 Neste certame participaron alumnos e alumnas de todos os niveis.