Asistiron nenosde primeiro a cuarto curso de Primaria de toda a comarca
29 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Ata 2.031 escolares de primeiro a cuarto curso de Primaria de centros de ensino de Narón e resto de Ferrolterra gozaron esta semana do teatro no Pazo da Cultura. Nenas e nenos asistiron ás representacións da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón. A organización foi do Padroado da Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña e a Rede Galega de Teatros e Auditorios. E houbo seis pases da obra Rob, da compañía Teatre de L`Abast.
A historia está protagonizada por Rob, «un home que se sube a un barco e que non sabe que nunca chegará ao seu destino, senón a unha illa na que se atopará a si mesmo... a imaxinación será o seu salvavidas nun tempo de soidade e a illa está realmente no seu interior». Ao Pazo asistiron alumnos dos seguintes centros: CRA do Val, Ponte de Xuvia, Santiago Apóstol, A Gándara, Lestonnac, San Isidro de Neda, San Ramón de Moeche, San Isidro de Neda, Virxe da Cela de Monfero, O Feal, Piñeiros, Jorge Juan de Narón, A Laxe, Juan de Lángara, Os Casais de Fene, Andrade de Pontedeume, Maciñeira de Neda, A Solaina, Ayala, Virxe do Mar, Unión Mugardesa, A Xunqueira de Fene e As Mirandas de Ares.
A cita continuará a vindeira semana coas escolas infantís de Narón e a obra La Selva.