«Xaora mil primaveras», o vídeo co que o CPI de San Sadurniño chama a manter vivo o galego

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

Carmen Bouza, Carmen Couce e Cruz Piñón, de Teño unha horta en San Sadurniño, colaboraron no vídeo
Carmen Bouza, Carmen Couce e Cruz Piñón, de Teño unha horta en San Sadurniño, colaboraron no vídeo CEDIDA

O centro lanza esta peza, na que colaboraron alumnado, docentes e veciñanza

18 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

No CPI de San Sadurniño andan de estrea estes días. Esta semana lanzarán na web do centro o vídeo Xaora mil primaveras, co que pretenden «concienciar da importancia de non deixar que a nosa lingua morra e da necesidade de transmitila e usala, sobre todo por parte das persoas que son o seu futuro: o alumnado».

Estudantes, docentes e veciños que colaboraron inciden «no paralelismo entre os animais en perigo de extinción e a necesidade de coidar a situación da lingua galega». E reiteran o lema: «Non deixes que morra». Este audiovisual serve de colofón ao mes das Letras, por iniciativa do Equipo de dinamización da lingua galega-EDLG, da man do departamento de Plástica-EPVA, co profesor Manuel Rey.

Desde o CPI agradecen a cooperación de alumnado e profesorado, e tamén da exalumna Ángela Arnosa, científica, e de Carmen Bouza, Carmen Couce e Cruz Piñón, de Teño unha horta en San Sadurniño.