O BNG denuncia que nenos da comarca quedan «sen praza» nos seus colexios

La Voz VALDOVIÑO / LA VOZ

VALDOVIÑO

Rolda de prensa do BNG de Ferrolterra sobre materia de ensino.
Rolda de prensa do BNG de Ferrolterra sobre materia de ensino. BNG

Enumera os casos de Valdoviño, A Capela ou Fene

31 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Coa participación dos deputados Mon Fernández e Xosé Manuel Golpe, o BNG denunciou onte en rolda de prensa «a exclusión de numerosas crianzas en centros da comarca». As familias foron rexeitadas nas súas solicitudes de admisión.

As cifras aportadas polo Bloque, coa presencia de portavoces municipais, indican que quedaron «sen praza 18 nenos no CPI Atios de Valdoviño, dous no CEIP Mosterio de Caaveiro da Capela e oito do CEIP Os Casais de Fene».

Tamén se denuncian «problemas semellantes no Santa María das Pontes ou A Laxe en Ferrol».