A LECTORA

La Voz

FIRMAS

15 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Pola noite, en tranquilidade.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Interésanme ensaios e novelas sobre a Alemaña nazi, libros de viaxes e expedicións. De música gústame ler de todo, ensaios, historia, filosofía, biografías, e novelas que reflicten o perfil melómano dalgúns escritores.

3. Que lle achega a lectura? Capacidade de imaxinación, reflexión, e un coñecemento amplo sobre moitas máis cousas das que nun principio busco en cada libro.

4. Os seus libros favoritos.Conversas coa nobre dama de Don Olimpo Arca Caldas. Doktor Faustus, de Thomas Mann. Provocación, de Stanislaw Lem. Si o vello Sinbad volvese ás illas, de Álvaro Cunqueiro

5. Un xénero literario. A novela.

6. Un personaxe e un espazo literario.

O vello Merlín nas terras de Miranda.

7. Que está a ler agora? Beethoven, the philosophy of music, de Theodor W. Adorno, e El ruido eterno, de Alex Ross.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Castelao e Haruki Murakami.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Á parte da música gústame viaxar e disfrutar da natureza. En Noruega especialmente esquiar e saír na procura de auroras boreais.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O Carreiro, de Aguiño, coa marea baixa para camiñalo todo.