«Neste momento, publicar un libro é un éxito, milagre»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía O VICEDO / LA VOZ

FIRMAS

17 abr 2013 . Actualizado a las 09:22 h.

Hixinio Puentes ten unha cita cos seus lectores este sábado no Vicedo con motivo da presentación da obra Winnipeg. Será ás 18.00 horas na Casa da Cultura, onde o público terá ocasión de charlar con el e que el lles firme exemplares do libro, de Xerais.

-¿E esta realmente a primeira presentación ou non?

-Xa fixen un par delas, unha no Barqueiro e seguidamente outra en Cariño, un dos lugares que máis me interesaba polo tema da novela. Pero antes de facela no Vicedo haberá outra en Pontedeume o venres 19.

-¿Cantos libros debe ter publicados en torno ao mar?

-Bastantes, porque algúns foron de investigación, como o da galerna do 61. Pero en novela teño publicadas unhas cinco e dun xeito ou doutro case todas fan referencia ao mar. Eu vivín toda a vida ao lado do mar. Son do porto do Barqueiro. E embarquei nos mercantes para coñecer o mar dende dentro, non dende a praia como fan os poetas. Non é que navegara moito tempo pero o teño feito.

-É profesor e escritor...

-Si, pero non vivo da profesión. Son un grande lector e chega un momento en que hai ideas. Sempre me gustou escribir. Non me lembro dende cando empecei, pero creo que foi polo 92 ou 93.

-En O Vicedo ofrecerán un 10% de desconto na venda da obra.

-O que ten que ver coa crise é a pouca publicación de obras. Esta mesmo sufriu unha demora considerable, saíu á rúa agora hai pouco pero realmente este é un ciclo sensacional, momentos tan malos que estamos vivindo... e o mundo da cultura non percibe subvencións. Neste momento publicar un libro é todo un éxito... diría un milagre.