Roteiro dos centros etnográficos e exposición sobre a Virxe do Cristal na Torre da Homenaxe

La Voz

FIRMAS

18 may 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

O presidente da Deputación, José Manuel Baltar, dixo que Raigame non ten «comparanza algunha na nosa nacionalidade histórica». A Deputación coorganizou, co Concello de Celanova, esta edición de Raigame. José Manuel Baltar dixo que se creará un roteiro para dar a coñecer os 18 centros etnográficos que onte, en formato de paneles expositivos co resume do que ofrece cada un, se amosaban dentro da romaría de Raigame. O presidente da Deputación falou de que se levará a mostra por diferentes centros culturais de toda a provincia para dar a coñecer estes pequenos museos que se adican a etnografía ou a oficios antigos, como o da oleiría de Niñodaguia, ou case perdidos coma o do coiro en Allariz ou o dos zapateiros en Vilanova.

No día das Letras Galegas, Baltar tamén destacou que esta romería é para celebrar a lingua galega que é, dixo, «o noso maior tesouro».

O alcalde de Celanova, José Luis Ferro, dixo que esta festa sirve para por en valor a «nosa cultura tradicional histórica». O rexedor destacou a figura de Manuel Mandianes e pediulle que faga un estudo sobre a Virxe do Cristal e falou da intención de facer na Torre da Homenaxe unha exposición permanente sobre a diminuta imaxe e a súa lenda.

Ámbolos dous mandatarios destacaron a grande afluencia de público á mostra de Raigame aínda que non ofreceron unha valoración sobre o número de visitantes.