«Non aturo que me vexan debuxar»

FUGAS

berto fojo

29 ene 2016 . Actualizado a las 18:33 h.

Se non foses ilustrador, qué che gustaría ser?

Gostaríame ser futbolista. Xogar no Pontevedra, logo no Dépor, voltar ó Pontevedra e retirarme no Lérez. Sempre marcándolle moitos goles ó Madrid.

¿Quén ou qué foi a causa de que te dedicases á ilustración?

Descubrir que non valía para futbolista.

¿Se tiveras que definir o teu traballo cunha palabra?

Elástico.

¿Qué é o que che inspira?

As conversas con outros colegas artistas ós que admiro. E, inversamente, moitos artistas que non me gustan nada; esfórzome en non ter nada en común con eles.

¿Cal é para ti o mellor ilustrador da historia?

Elvis Studio. 

¿Un ilustrador emerxente ao que seguirlle a pista?

Natalia Umpiérrez é inalcanzable.

¿Un cartel de película?

O de Black Moon de Louis Malle, obra de René Ferracci.

¿Qué sentes cando estás a debuxar?

Moita presión.

¿Tes algunha manía na túa rutina de traballo?

Non aturo que me vexan debuxar.

¿Hai algo que non che guste debuxar?

Moitas cousas. Dánseme moi mal os retratos.

¿Por qué a ilustración non está nos museos de Arte moderno?

Supoño que porque a marxe interpretativa e, por tanto, especulativa é menor.