Un tempo novo tamén no Parlamento

Ana Pontón
Ana Pontón TRIBUNA

GALICIA

21 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

As deputadas e deputados do BNG imos dar o mellor de nós para devolverlles a esperanza ás persoas que hoxe non a teñen, desde o traballo rigoroso e con humildade. Un tempo novo tamén no Parlamento. A pregunta é: ¿será posible ou o PP volverá usar a súa maioría absoluta como apisoadora para impoñer a mesma política que nos deixa unha Galiza máis pobre e desigual?

Queremos un Parlamento que se respecte e sexa útil. Mais ¿como imos ser respectados se empeza esta lexislatura cun agravio sen precedentes, como o intento de veto do debate no Congreso da transferencia da AP-9 a Galiza?

O BNG será a voz da Galiza rebelde que quere progresar, que non se resigna á emigración, que defende a igualdade como piar estratéxico do desenvolvemento e confía na capacidade e potencial da nosa terra. Somos un pobo que temos todo por gañar. Traballaremos desde o diálogo, coa man tendida a favor dos galegos e das galegas. Sen teatro, sen rodillos, desde o respecto. ¿Será posible, señor Feijoo?