O secretario xeral da Lingua da Xunta: «Temos que saber que unha lingua é o que a sociedade que a fala quere que sexa»
GALICIA
Valentín García considera que hai que impulsar campañas para incentivar ás persoas que veñen de fóra a aprender o galego e potenciar o seu uso entre a mocidade
12 oct 2024 . Actualizado a las 16:40 h.Tras os resultados do estudo do Instituto Galego de Estatística (IGE) que conclúe que o galego perde espazo como lingua de comunicación habitual en Galicia e que un terzo dos rapaces menores de quince anos non saben falalo, Valentín García, secretario xeral da Lingua da Xunta, sinalou este sábado nunha entrevista na Radio Galega que dita enquisa reflexa que o galego «é unha lingua que cada vez está máis compartida na súa sociedade co castelán, e que ten un problema, que é o da transmisión interxeracional nas familias, e o seu uso tamén por parte da xente nova».
«Temos -dixo- á xeración mellor preparada para leer, escribir, entender e falar o galego, pero logo ten un déficit no seu uso, sobre todo cando falamos de entornos urbanos, que cada vez medran máis en detrimento da poboación dos núcleos rurais, que é onde o galego sempre estivo máis forte».
Segundo García, este estudo vén nun contexto dechegada de persoas que viñeron de fóra para asentarse nela nos últimos cinco anos, un total de 115.000 «que afortunadamente viñeron a vivir a Galicia e decidiron quedarse, pero que desde un punto de vista linguístico son na sua inmensa maioría, case na súa totalidade, persoas que se instalan no castelán o que o teñen como única lingua, o que chamamos monolingües en castelán. E iso é o que fai é modificar a enquisa e os datos porcentuais dos uso do galego e do castelán nos últimos cinco anos».
É necesario poñer en marcha, dice Valentín García, campañas que lles incentiven a aprender o galego, «mellorar a súa sensibilidade de cara á nosa cultura e á nosa lingua». Neste sentido, considera que deberían pasar por «un proceso de formación», e reiterou o anuncio da campaña Saca a lingua que levas dentro, así como máis de cen cursos de formacion no ano que vén e o portal neofalante.gal, «para que estes novos galegos descubran a inmensa riqueza que é manexarse en varias linguas; o plurilingüismo é sempre unha riqueza, nunca é un problema. E tamén de familiarizarse cunha riquísima cultura galega que ademais está vivindo un magnifico momento». O secretario xeral quere que esta nova poboación «vexa que esta non é só unha terra de acollida, senón unha cultura de acollida».
Mellores competencias e menos uso
Para potenciar o uso do galego entre a xuventude, García sinala que a Xunta ten que aproveitar os recursos que ten para saber ónde pasan tempo de lecer. «O sistema educativo está facendo o seu papel, e está regulado por un decreto. Sabemos que as dúas linguas teñen que ensinarse cun cupo horario igual, que as competencias que teñen no sistema educativo a final de cada curso e de cada ciclo teñen que ser parellas nas dúas linguas. Onde está a hexemonía do castelán? Á hora de socializar, sobre todo nos núcleos urbanos. Temos que ir ás actividades extraescolares, ás tecnoloxías, ás redes sociais, ós entornos de voz xenerados coa intelixencia artificial para que o galego chegue en igualdade de condicións ás grandes linguas do mundo a eses ámbitos, que é donde eles están xa medrando e van desenvolver a súa vida adulta».
As competencias, sinala, «son elevadísimas, e non as ten prácticamente ninguna lingua cooficial en toda España. É importante sinalar que onde temos o problema é no uso, non na competencia. Esa é a gran asignatura pendente que temos agora mesmo».
O que si medrou, destaca o secretario xeral da Lingua, é o prestixio: «Nas últimas décadas foi fabuloso e o segue sendo. Hai situacións que se dan na lingua galega que hai anos serían impensables, premios nacionais de literatura, a música en galego que trunfa en festivais, en Spotify, en cantidade de platafomas de ámbito internacional e no audiovisual».
Con todo, García conclúe que «hai un pequeno aumento do galego no ámbito da prensa escrita, as redes sociais e a tecnoloxías en Internet. E isto, aínda que falta moito por facer, son boas noticias para a lingua galega. Pero cando falamos dun todo, temos que atender especialmente ás que non son tan favorables, e aí é onde temos que traballar arreo e buscar sobre todo, tamén, espazos de consenso. Temos que saber que unha lingua é o que a sociedade que a fala quere que sexa. Igual que o uso ten que buscarse dese o conxunto da sociedade, temos que ver que os resultados dunha enquisa son produto do que fala unha sociedade. E temos que ter esa conciencia colectiva de que a lingua é responsabilidade de todos».