Siareiros Celta Vigo organiza unha previa aberta ao celtismo

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

Oscar Vázquez

Convocan á afección para facer un camiño conxunto á bancada de Balaídos desde a rúa Eugenio Kraft

07 feb 2020 . Actualizado a las 18:32 h.

Siareiros Celta Vigo, coordinadora da bancada de animación de Balaídos, lanzou esta tarde unha nova iniciativa para as horas anteriores ao partido do domingo fronte ao Sevilla. A idea é crear ambiente durante toda a tarde de cara a un partido que está programado para as 18.30 horas.

«UNIÓN E COMPROMISO. #SCV organiza unha previa aberta ao celtismo de cara ao importante #CeltaSevilla do próximo domingo. Ven connosco e xa o verás», escribiron en Twitter utilizando unha frase do tema 1923 do grupo Keltoi!

Citan á afección para o comezo da previa ás 15.30 en Eugenio Kraft, 4. Ás 18.00 horas prevén realizar de maneira conxunta o camiño desde ese punto de encontro ata Balaídos, enlazando coa iniciativa da Federación de Peñas de estar no interior do estadio ás 18.15 para comenzar a animar no quecemento e continuar durante todo o partido.