Jairo Daponte celebra o centenario do Celta coa peza «Fillos de Breogán»

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

O músico vigués contou coa aportación de 15 vídeos achegados por afeccionados para a súa composición dedicada ao club, interpretada por Dana da Carballeira e Icko Viqueira

09 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai arredor dun mes, Jairo Daponte lanzou un chamamento ao celtismo. Xunto con outros músicos vigueses, estaba ultimando unha composición musical de homenaxe ao Celta polo centenario, Fillos de Breogán, e buscaba a axuda da afección celeste para o videoclip da peza. Pedía clips de previas, viaxes, no estadio ou onde fose, sempre que reflectiran celtismo e emoción, dicía. Foron unhas quince persoas as que enviaron vídeos e onte publicouse por fin o resultado, que suscitou comentarios moi positivos nas primeiras horas desde que viu a luz.

Daponte destaca especialmente que lles chegaron brutos de gravacións da grada durante o último derbi freonte ao Deortivo en Primeira que eran pra utilizar no videoclip da emblemática canción de Keltoi! Unhas cores, un sentimento, e que lles cederon para utilizar no seu proxecto. Dana da Carballeira, de Mileth, e Icko Viqueira, de Aquelarre prestaron as súas voces a este proxecto.

Daponte, peñista de Irmandiños 1923,  e abonado do do Celta desde cativo e presenta Fillos de Breogán como unha homenaxe ao equipo da súa vida. Mestre de Música en Primaria e integrante de varias bandas en Vigo como Dysnomia, Sans Soleil, Unliving Sin ou Abrigo, el asumiu a composición, mentres que da produción, da mezcla e do vídeo encárgase Héctor Rodríguez, que tocou con el en Unlibing Sin e é o líder de Lontreira. Xuntáronse cinco músicos con idades comprendidas entre os 22 e os 35 anos. Daponte encárgase da guitarra e súmanse «frauta, da que se encarga Lucas; teclados, con Héctor, e percusión tanto tradicional coma moderna, así coma algún arranxo máis moderno».

O autor comentaba semanas atrás a Grada de Río que se trataba de «unha canción bastante clásica, pensada para ser moi cantable, que comeza de xeito máis ben relaxado e vai crecendo ata un final a coro buscando emular os cánticos do estadio. Na letra hai pequenas referencias a varios dos cánticos de Balaídos». Agora, xa dispoñible, cadaquén pode facer a súa propia descrición.