O celtismo despide a Kevin: «O escudo faino grande a xente que o defende» 

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

OMAR ARNAU - LOF

O canteirán, ata agora segundo capitán, seguirá a súa carreira no Sporting: «Podes marchar, pero sempre serás un de nós» 

29 ago 2024 . Actualizado a las 07:51 h.

O canteirán do Celta Kevin Vázquez rescindiu de mutuo acordo o seu contrado coa entidade celeste e seguirá a súa traxectoria no Sporting de Xixón, segundo se oficializou este mércores. O xogador vaise despedir publicamente nos vindeiros días, comunicou tamén o club vigués, pero antes xa estivo a recibir o recoñecemento do celtismo desde o momento en que se soubo o seu novo destino. Comezando polas palabras do propio Celta a través da súa web e seguindo pola presidenta a as peñas, ademais de afeccionados a título individual.

Marián Mouriño escribía sobre o xogador nigranés: «Toda una leyenda de nuestra canteira celeste, ejemplo de constancia, valentía y tenacidad. Grazas, Kevin, el Celta siempre será tu casa!». As verbas de Irmandiños 1923 eran especialmente representativas do significado deste xogador ao longo do seu periplo celeste: «O escudo faino grande a xente que o defende. Grazas, Kevin, por toda unha vida de celtismo. Un dos nosos, dende sempre e para sempre. #OrgullososDosNosos #GrazasKevin». De igual forma, desde Centolos Celestes deixaban unha cousa clara: «Podes marchar, pero nunca deixarás de ser un de nós».

Na mesma liña, desde Terra Celeste enviaban todo o seu «cariño a Kevin Vázquez como fútbolista y aún más como persona. Jamás una queja, una mala cara o una palabra fuera de tono. Siempre apoyando al equipo. A su Celta, a nuestro Celta», antes de desexarlle o mellor. Nas mensaxes doutras peñas repetíanse as constantes de que o xa ex capitán deu todo polo Celta, que estivo toda unha vida ligado a este club ou que están «eternamente agradecidos».

https://twitter.com/teixugos/status/1828866909929918665]]

Tampouco faltaron verbas públicas de compañeiros e amigos como Iago Aspas, Iván Villar ou Borja Iglesias, entre moitos outros que compartiron vestiario con él en Vigo ao longo da súa dilatada traxectoria celeste.