Esixencia para estar activo

José Luis Mosquera VIGO

GRADA DE RÍO

Oscar Vázquez

Creo que é máis para non relaxarse, porque se logo vas para abaixo, é moito máis complicado

13 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Creo que cando se fala de ir a por máis, é un xeito de esixir para ter activo ao equipo. Non podemos esquecer que con respecto aos últimos anos, o camiño que o Celta ten agora é mellor que o das últimas tempadas con sete puntos de colchón co descenso. Ás veces sucede que estás na metade da táboa, non estás nin para arriba nin para abaixo, pero en Primeira tes que competir con todos, porque un xogador só pode gañar un partido. Creo que é máis para non relaxarse, porque se logo vas para abaixo, é moito máis complicado, que llo pregunten ao Las Palmas o pasado curso.

Tendo en conta os sete anos anteriores, creo que non deben estar pensando en Europa, creo que sería un erro pensar máis alá de seguir facendo as cousas ben como se están facendo, sobre todo na casa, e non meterse máis presión. De cara á segunda parte do campionato, a marxe de mellora dependerá do que evolucione o equipo. Cada vez, os rivais o van coñecer máis, pero o Celta ten diversidade para engadir cousas ao repertorio.