Carreira: «A vitoria soubo mellor polo sufrimento»

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

ARL-LOF

O canteirán espera que o partido contra o Racing sexa un punto de inflexión cos resultados a domicilio

06 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O xogador do Celta Sergio Carreira, que participou na segunda metade do triunfo ante o Racing de Santander en Copa do Rei, tivo palabras de eloxio e agradecemento para o celtismo que os acompañou en El Sardinero. «É unha loucura completa que nos acompañen así a todos os lados, que estean connosco tanto na casa coma fóra, e que hoxe fosen un xogador máis dentro do campo», dixo dándolles as grazas en nome do vestiario.

Respecto ao partido e ao pase, admite que non foi sinxelo. «Estes partidos de Copa, a un enfrontamento fóra da casa contra un rival destas características, un top de segunda, sempre son difíciles. Sacámolo, sobre todo, cun resultado moi adverso, pero sufrindo tamén se gaña e hoxe soubo mellor por ese sufrimento».

A iso súmanlle o feito de ter gañado fóra da casa, algo que se lles vén resistindo durante a tempada, aínda que en Copa si o acadaran fronte a rivais de menor categoría ca o desde domingo. «Si que era unha materia pendente. Conseguimos gañar e a partir de agora, ten que ser así sempre. Temos que intentar puntuar ou gañar sempre que se poda, fóra da casa, tamén».