Reducir ao máximo os erros individuais

José Luis Mosquera VIGO

GRADA DE RÍO

Oscar Vázquez

14 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Celta fóra non é, nin de lonxe, o equipo da casa, pero o Madrid vén dunha derrota complicada e creo que está nunha situación un pouco convulsa que igual se pode pescar. De todos os xeitos, coller aos grandes enfadados é malo, especialmente no caso do Madrid, que despois dunha derrota, pode ser un equipo perigoso, pero ás veces, este tipo de elencos poden entrar nunha mala dinámica e poden xurdir as dúbidas.

No aspecto físico, o Celta vai xogar máis fresco, pero o equipo de Carlo Ancelotti está acostumado a este tipo de semanas con partidos e viaxes e, ademais, ten días suficientes para recuperar, diría que este partido vai ir máis polo anímico que polo físico. Na liga, os de Giráldez fixeron un bo partido e creo que lles vale de exemplo para o bo e para o malo, para darse de conta que o Madrid pode levarse un partido que tes controlado e tamén para saber que se lle pode discutir o balón e que se lle pode competir, pero non se poden ter erros individuais.