
O Celta a súa afección conmemoran un Día da Muller especial en clave celeste por ser o primeiro desde a creación de As Celtas
08 mar 2025 . Actualizado a las 11:43 h.O celtismo súmase este 8 de marzo á conmemoración do Día Intenracional da Miuller. É a primeira vez que se celebra esta data co club contando con equipo feminino e, a maiores, coincide coa celebración en Balaidos do primeiro derbi en Vigo fronte ao filial do Deportivo logo de que os dous equipos se visen as caras na primeira volta con resultado de empate en Abegondo (1-1). Dicía a adestradora do equipo celeste, Vicky Vázquez, que o destino fora caprichoso poñendo o encontro nesta data e invitaba a reivindicala vendo fútbol feminino na tarde de este sábado (19.00) no municipal vigués.

Paralelamente, como cada ano, moitos afeccionados, peñas celltistas e o club súmanse a esta celebración. «Non desexedes un feliz 8 de marzo, porque empezará a ser feliz cando deixe de ser necesario», comenzaba o seu texto ao respecto a peña viguesa Irmandiños 1923. «Se non fose por tódalas celtistas que berraron durante anos por un Celta feminino, hoxe As Celtas aínda serían unha utopía. Hoxe as nosas nenas seguirían sen sentirse representadas nun campo de fútbol, sen ver posible o seu soño de chegar a ser futbolistas profesionais». Prometen seguir loitando por unha «igualdade real».


«Somos Celtas do futuro. Xuntas, fortes, loitadoras», escribiu o Celta xunto co cartel do partido, na cor que simboliza esta data e con Lara Martínez e Sara Álvarez, Muñi, como protagonistas..