
A campaña «Non pode ser máis de aquí» recibiu o galardón ao mellor anuncio
16 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Celta foi galardonado este sábado na XXIII edición dos Premios Mestre Mateo, outorgados pola Academia Galega do Audiovisual, por segundo ano consecutivo. No 2024, o recoñecemento fora para o himno do centenario do Celta, Oliveira dos cen anos, como mellor videoclip. Nesta ocasión, levouno o spot Non pode ser máis de aquí, co que presentaran a primeira equipación da presente tempada, a primeira con Hummel logo de finalizar a vinculación con Adidas.
«Estar aquí por segundo ano é un orgullo, síntoma de que no club estamos facendo as cousas ben (...). O @RCCelta non só é de Vigo, é dos 313 concellos (...). Marián Mouriño é a impulsora deste novo xeito de traballar que temos no club» #PremiosMestreMateo pic.twitter.com/HgiKHBJcXB
— Grada de Río (@gradaderio) March 15, 2025

Un novo recoñecemento para o traballo do departamento de comunicación do Celta, que está sendo moi aplaudido nos últimos tempos. Neste caso, a aposta era un spot que xogaba cos versos do himno do centenario e as sílabas dos nomes de diferentes concellos galegos, cuxos nomes aparecen na propia elástica. No discurso que deu no momento de recoller o premio o integrante do departamento de marketing Nathan Lutch Riveiro aludiuse a que Celta non é só de Vigo, senón tamén dos outros 312 concellos galegos, incluido Lalín, onde se celebraba a gala. Púxose de manifesto que a presidenta da entidade, Marián Mouriño, é a artífice do novo xeito de traballar que teñen no club.

A través da súa páxina web, o Celta expresa que para a entidade «é toda unha honra ser recoñecida por segundo ano consecutivo nos premios Mestre Mateo, uns galardóns galegos, que premian as mellores producións audiovisuais do ano e o traballo de todos aqueles profesionais que forman parte dos equipos técnicos e creativos que os fan realidade». E engaden: «Sen dúbida, é todo un orgullo volver recibir un recoñecemento ao que somos, ás nosas raíces, aquilo que nos une e nos fai máis fortes».