Foi un proxecto escolar no que trataban de estudar os efectos da altitude nos cambios de presión e temperatura
25 sep 2013 . Actualizado a las 13:29 h.Lauren Rojas, unha nena californiana de 13 anos, enviou o mes pasado á súa boneca Hello Kitty á estratosfera. Para iso, construíu unha pequena cápsula encostada a un globo e incluíu un termómetro, un GPS e varias cámaras para inmortalizar a viaxe. A súa boneca chegou a 28.537 metros de altura, uns dez quilómetros menos dos alcanzados por Felix Baumgartner. O proxecto formou parte dun traballo de ciencias no seu colexio, para estudar os efectos da altitude nos cambios de presión e temperatura, segundo informou a web cbc.ca.
ACTIVIDADES. Nun vídeo que a moza subiu a internet, obsérvase o traballo de construción da cápsula. Lauren Rojas incluíu ademais un lazo rosa para solidarizarse coas vítimas do cancro de mama.