Un ano de ofrendas polos vinte anos do manifesto de Viana

La Voz

LEMOS

28 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

No Manifesto de Viana e a conseguinte «primavera do rock feito en Galicia e en galego». As conmemoracións empezaron no pasado mes de maio en Porriño no Festival de Cans baixo a batuta de Alfonso Pato. E continuaron en agosto en Compostela coa Merenda-Festa a Xosefa de Bastavales, a pandeireteira bravú que compartiu escenario con Manu Chao, Pinto d´Herbón, Cristina Pato, Xurxo Souto, Mercedes Peón, The Chieftains ou Fuxan os Ventos. O 13 de setembro faise en Chantada a Festa Rural por Parroquias, con volta á taberna de Viana incluída. O 25 de outubro réndeselle homenaxe cunha Coroa Poética ao Pinto d?Herbón na casa de Rosalía de Castro. E en novembro celébranse a Semana Bravú na Coruña e a exposición Bravú XX en Pontevedra.

A orixe do Movemento Bravú asentou as bases no Manifesto de Viana, escrito baixo a ladeira do monte Faro e inspirado polos movementos trobadorescos. A asociación cultural Liviao de Marrao quixo conmemorar esta efeméride coa Verbena por Parroquias na procura «dun espazo de dignificación da nosa cultura e da contorna rural galega, onde a música, poesía, cinema e as artes en xeral se fusionan, e a fronteira entre vangarda e tradición desaparece», sinala Antóm Fente Parada, organizador da convocatoria.

O acontecemento do ano

Por Parroquias supuxo, xunto ao festival Castañazo Rock, o maior acontecemento musical do ano, a recreación realista da Cea de Viana na Tasca do Caballero nun acto de memoria necesaria. Subscribe Antóm Fente que «sería inxusto esquecerse de bandas que foron precursoras, como Radio Océano do monfortino Xosé Manuel Pereiro na década dos oitenta o na mesma Chantada grupos coma RNT (Rozando Nos Toxos) ou Palla Cubana, moitos de cuxos integrantes conformarían logo os míticos Rastreros».

Os actos comezaron coa inauguración dunha placa na Tasca do Caballero feita polo escultor Primitivo Lareu. No Cinema Palleiriso de Garabelos proxectándose anacos do primeiro Castañazo Rock e Rodri Suárez falou do seu libro Non temos medo. Historia oral de Os Diplomáticos de Monte Alto. Entre a pantalla cinematográfica e un carro do país, penduraba a pioneira exposición en paneis «Bravú pola música». Tras a pancetada na noitiña, todo acabou cun concurso de xuramentos e un concerto bravú de Pulpiño Viascón, Malas Herbas e Liviao de Marrao.