O colexio do Courel gaña un dos premios Innogal

La Voz MONFORTE / LA VOZ

FOLGOSO DO COUREL

Alumnos do colexio do Courel, nunha actividade de limpeza dun regato en Moreda, nunha fotografía do curso 2017-2017
Alumnos do colexio do Courel, nunha actividade de limpeza dun regato en Moreda, nunha fotografía do curso 2017-2017 ROI FERNANDEZ

A Consellería de Educación recoñece a un centro que «vai máis alá do labor docente»

30 ene 2023 . Actualizado a las 16:52 h.

O colexio público integrado de Folgoso do Courel é un dos centros galardoados pola Consellería de Educación na edición deste ano dos premios Innovagal, que recoñecen aos colexios e institutos máis activos en innovación educativa. Na lista de premiados figuran oito colexios e institutos de toda Galicia.

Os premios, que este ano chegan á súa terceira edición, inclúen dúas categorías, a identificada coa letra A para os centros de Infantil, Primaria, Educación Especial e colexios rurais agrupados; a B para os centros públicos integrados, institutos e centros públicos de educación e promoción de adultos.

O colexio Poeta Uxío Novoneyra, de Folgoso do Courel, recibiu o segundo premio na categoría B. Segundo explican na Consellería de Educación, o xurado valorou que este centro «vai máis alá do labor docente» e os seus responsables teñen en conta «as circunstancias especiais da súa localización na montaña lucense inflúen directamente nas condicións nas que se desenvolve a experiencia educativa, de tal forma que o colexio suple necesidades no eido social e cultural».