Abandono da sanidade no concello de Folgoso do Courel

Matilde Arza Zarauza

FOLGOSO DO COUREL

04 jun 2024 . Actualizado a las 11:24 h.

Os dous centros de saúde de Folgoso do Courel levaban meses atendidos por un só médico que facía malabares para poder atender a todos os pacientes. Co hándicap engadido dunha estrada en obras que une os dous lugares onde se sitúan os centros de saúde.

Pero desta volta xa se esta atentando contra a saúde dunha poboación na sua maioría envellecida. Máis de novecentos habitantes esparexidos por corenta aldeas quedaron a semana sen atención sanitaria, posto que estiveron tres días sen facultativo.

Unha parte importante dos pacientes teñen idades comprendidas entre os setenta e noventa anos e como este municipio carece de transporte público téñense que desprazar en taxi ata os centros de saúde, para despois chegar e non poder ser atendidos 

A Galicia profunda existe. Reflexo diso é o noso territorio, que parece que ninguén o coñece pero a pesar diso atrévense a dar ordes para deixar sen cubrir os dous centros de saúde que hai no lugar. Encarecidamente rogo a quen corresponda que se reflexione sobre está atroz decisión que se tomou.

Agradecemento os facultativos do lugar polo esforzo que fixeron todos estos meses para atender os dous centros.