O actor e humorista quirogués actuará este venres no edificio multiusos
26 dic 2024 . Actualizado a las 18:37 h.O actor e humorista quirogués Alberte Montes ofrecerá este venres no auditorio do edificio multiusos de Monforte o seu espectáculo «Patrón». A actuación comezará ás 20.00 horas e a entrada será gratuíta. A función forma parte da programación municipal para o Nadal.
A obra, segundo explican desde o Concello, é «unha homenaxe a esa figura icónica da cultura popular galega, ese cabeza de familia, xefe da cuadrilla, ese pureta que se cre máis e con máis poder do que en realidade ten». Alberte Montes, actor de teatro e cinema, é coñecido pola súa participación na serie de televisión Fariña e en filmes como El olivo, de Icíar Bollaín, e REC 4, de Jaume Balagueró. A primeira presentación do seu espectáculo Patrón foi na edición do 2022 do Festival Internacional de Teatro de Outono, no municipio coruñés de Carballo. Montes tamén actuará este domingo no auditorio do Cuartel Vello de Taboada, a partir das 18.30 horas.