A representación forma parte dos actos programados con motivo do Día das Letras Galegas
16 may 2019 . Actualizado a las 13:03 h.A compañía de títeres Mircromina Teatro representará este venres no auditorio municipal de Quiroga a obra Vacacións no mar -na imaxe sobre estas liñas- a partir das oito tarde. A función forma parte da programación municipal do Día das Letras Galegas e do ciclo Proescenio, promovido pola Deputación.
Os actos previstos en Quiroga para esta xornada comprenden ademais a entrega dos premios do certame de narración e debuxo convocado pola biblioteca municipal con motivo do 17 de maio, que se celebrará ás 13.00 horas na casa consistorial. Na modalidade de narración, os gañadores son Nadia Touzón López e Ignacio González Gómez. Na modalidade de debuxo concedeuse un premio único na categoría A a Iván Franco Ferrín e na categoría B recibirón galardóns Eis Durán Iglesias e Alén Durán Iglesias. O acto comprenderá unha actuación do grupo de gaitas O Recanto.