Día das letras 2024: Olga Novo falará de Luísa Villalta este venres en Quiroga

La Voz QUIROGA / LA VOZ

QUIROGA

Luísa Villalta
Luísa Villalta REAL ACADEMIA GALEGA | EUROPAPRESS

Nun acto organizado polo BNG local

29 may 2024 . Actualizado a las 19:48 h.

O BNG de Quiroga ten organizada para este venres, 31 de maio, un acto divulgativo sobre Luísa Villalta, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. Será unha charla a cargo da profesora, escritora e tradutora da Pobra do Brollón, Olga Novo.

A charla terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Quiroga ás 20:30 horas. Olga Novo falará sobre a vida e obra de Luísa Villalta e tratará de establecer un diálogo coa autora protagonista deste Día das Letras Galegas.

Os organizadores explican que «Vivir na Poesía», o título da conferencia, alude «á idea da experiencia profunda do poético como unha mirada sensible sobre o mundo, asentada na revelación e na música, alicerces da obra de Luisa Villalta, que foi, como é sabido, escritora e violinista».