Baldomero Pestana xa é fillo predilecto na súa terra

MARÍA CARAVEL

LUGO

SUSO VARELA

13 may 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Hai vidas que demostran que a existencia, por moitos atrancos que aparezan, merece a pena. O Concello de Castroverde dignifiou unha desas existencias únicas, a de Baldomero Pestana, nomeado, aos seus 94 anos, fillo predilecto do municipio. Péchase así un ciclo, que arrincou cando Pestana tiña 4 anos e «por culpa da pobreza dun mundo cruel» -como lembrou Darío Xohán Cabana- tivo que emigrar a Bos Aires. Arxentina, Perú e París gozaron da súa presenza e da súa inxente obra fotográfica e artística. E agora, como sinalou a súa sobriña Carme Rico, «voltou para traer consigo o mellor que fixo». O acto de homaxe foi sincero, cheo de familiares e amigos, como Dolores Guerreiro ou a directora do colexio, Ana María Pérez, quen agradeceu a charla que lles ofreceu aos cativos do centro, «un modelo para os futuros veciños». O alcalde, José María Arias, en nome da corporación, entregoulle unha reprodución do castelo, mentres que o artista agasallou ao Concello cunha fermosa obra.

Reciclar é importante

Lembróunolo Sogama cunha aula de reciclaxe detrás do Concello. O seu presidente, Luis Lamas, estivo nesta campaña do uso correcto da separación de lixo.

Escolares e natureza

Uns 70 escolares de Baleira, A Fonsagrada, Becerreá y Sarria descubriron onte os recursos ambientais e etnográficos da Reserva da Biosfera grazas a unha xornada didáctica que organizou a Diputación. Os rapaces coñeceron o nacemento do Miño, a lagoa de Cospeito e o Centro Terras do Miño.

Ancianos del Mundo

Este colectivo que traballa en favor dos más desfavorecidos promoveu un festival solidario que incluíu músicas e bailes de diferentes estilos, a cargo dos grupos Versión Original e Ritmo Loco. Os fondos recadados son para seguir axudando aos anciáns lucenses sen fogar.