O programa no Domingo das Mozas

La Voz

LUGO

MARCOS CREO

Ofrenda a Rosalía, grupos de música tradicional e Sés, entre as actividades do día 8

07 oct 2017 . Actualizado a las 23:18 h.

11.00 HORAS

Feira. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña.

11.00 y 17.00 HORAS

San Froilán Tecedeiro. Actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no Cantiño Nemesio Cobreros (ao lado do Vello Cárcere).

11.30 HORAS

Pasarrúas. Treboada pola Fonte dos Ranchos e Nubeiro pola praza Viana do Castelo, Piringalla e Garabolos. Raíces do Campo polo Camiño Real, Lamas de Prado e Castiñeiro (12.00 h.).

11.30 HORAS

Mostra de Música Tradicional. 14 grupos de Galicia percorrerán o recinto histórico.

11.30-12.00 HORAS

Traxe e ofrenda a Rosalía. Recepción na casa do Concello á Asociación do Traxe Galego de Santiago. Exhibición e paseo e acompañados por grupos de música tradicional ata o parque Rosalía de Castro e por parte de

Noemí Mazoy e interpretación do Himno Galego pola Banda Municipal de Lugo.

12.30 HORAS

Alba Messa. Na praza de Santa María presentando o seu primeiro disco Valiente.

13.00 HORAS

Sesión vermú. Carta de Ajuste no Campo Castelo.

17.00 HORAS

Concertos de bandas. Concertos das Bandas de Música: Artística de Merza, Banda de Chantada e Filharmónica de Lugo na praza de Santa María.

20.30 HORAS

Sés. Horta do Seminario.

22.00 HORAS

Desakato. Concerto de Desakato La teoría del fuego + Arrhythmia na praza de Santa María.

23.00 HORAS

Verbena. Coa orquestra Metrópolis na praza Maior.