Un ciclo de faladoiros analiza o papel da muller na actualidade

LUGO

Trátase dun espazo de reflexión, entre os meses de outubro e maio

19 oct 2018 . Actualizado a las 09:30 h.

Entre os meses de outubro e maio • 20.00 horas • Salón de actos do Vello Cárcere (Lugo) • Entrada libre e gratuíta • 

A Deputación e o Concello de Lugo, coa colaboración do Foro Feminista Maruja Mallo, organizan un ciclo de Faladoiros Feministas para crear un espazo de reflexión e estudo sobre o papel da muller na actualidade, dende un punto de vista feminista.

O programa de faladoiros é o seguinte:

· 26 de outubro. Estereotipos e patriarcado no cine: roles e clichés, a cargo de Pilar Aguilar.

· 16 de novembro. Novos conceptos para pensar a violencia: feminicidio, a cargo de Carme Adán.

· 25 de xaneiro. A mercantilización dos corpos e a vida das mulleres, a cargo de Ana de Miguel.

· 8 de febreiro. O papel da cultura na (des)igualdade, a cargo de Laura Freixas.

· 15 de marzo. Son as mulleres vulnerábeis: pensando a xustiza e a igualdade, a cargo de María Xosé Agra.

· 26 de abril. A vida laboral das mulleres, a cargo de Marisa Soleto.

· 24 de maio. A fábrica social da feminidade, a cargo de Mercedes Expósito.