A Fonsagrada entrega este domingo o «Butelo de Ouro»

CANDELA F. ROLDÁN LUGO/ LA VOZ

LUGO

Despois da visita de Alfonso Rueda ou José Tomé, entre outras autoridades, á Feira do Butelo, este domingo continúa a festividade con más comida e máis premios

12 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fonsagrada deu o pistoletazo de saída este sábado coa XXVI Feira do Butelo, que contou con nada máis e nada menos que dez toneladas deste apreciado embutido á venta, que permanecerá aberta aínda este domingo, o segundo e último día da celebración, cun total de setenta expositores no recinto ferial da localidade.

Os veciños e visitantes puideron gozar dun día soleado e, por se fora pouco, de comida de calidade. Ademais do butelo, os participantes ao evento tamén puideron degustar o famoso pastel da Fonsagrada, un produto local con moita fama.

A Feira do Butelo, que se inaugurou ás 10.00 horas, contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que alabou a calidade dos produtos cárnicos galegos, así como o traballo dos miles de gandeiros de toda a provincia lucense, ademais de degustar os produtos dos stands.

Na súa visita, Rueda estivo acompañado polo responsable de Facenda do Goberno galego, a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, e o presidente da xestora do PP da Fonsagrada, Bernardo Niño.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, tamén participou no acto de inauguración da xunto ao alcalde do municipio, Carlos López, a quen felicitou por «un traballo intelixente e continuado na defensa deste produto», que é «un manxar, de alta calidade, e tamén un atractivo moi importante desta terra en torno ó que se crea riqueza».

«Falar do butelo é falar de gastronomía e das nosas tradicións, pero tamén do turismo, que acude ano tras ano en maior número a este concello da Montaña, cheo de atractivos naturais, culturais e gastronómicos», valorou o presidente. Engadiu que «o butelo é o gran símbolo da Fonsagrada e da Montaña».

Aínda queda feira

Este domingo, a carpa abrirase ás 10.00 horas e, cara ás 12.30, terá lugar a recepción de autoridades. Media hora máis tarde, actuará o grupo de música tradicional Illa Pancha.

Ás 13.00 horas, farase a entrega do «Butelo de Ouro» no salón de actos do Concello, que este ano recaerá nas personas que, de maneira desinteresada, elaboraron mascarillas nos momentos máis críticos da pandemia.

Con esta distinción honorífica, o Concello recoñece o traballo altruísta de catroce persoas que colaboraron facendo máis de 5.000 mascarillas para axudar a erradicar a pandemia.

Seguidamente, actuarán Antaruxas e Sorteiros para poñer fin a esta esperada festividade con moito ritmo.