
O exvicerreitor analiza o reto que supón o cambio de modelo enerxético e o seu impacto na produción agraria de Galicia
21 dic 2023 . Actualizado a las 13:59 h.Nos temas ambientais e de cambio climático, utilizábase un dito antigo, pero non vello, pois coido que está de plena actualidade e máis que nunca atendendo a marcha das conversas na conferencia das partes (COP28), que se ten celebrado días pasados en Dubai. Ese dito é «pensa globalmente e actúa localmente», e o sector agroforestal pode incidir localmente nas emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI).
A produción de enerxía, sobre todo eléctrica, está a utilizar combustibles fósiles e todo indica que o seguirá a facer nos anos vindeiros. Estímase que, aquela xeración, causa aproximadamente o 75% da emisión de GEI. Seguindo os datos da Asociación Internacional de la Energía (IAE), os causantes de emisións, por orde de importancia, son: petróleo 32%, carbón 23% e gas 20%.
Así pois a utilización do material fósil debe eliminarse, e ademais de maneira rápida, xa que o tempo é, obviamente, escaso o pretender chegar a neutralidade no 2050. Nese senso, o actual marco da enerxía e clima, esixe que, nesa data, as enerxías renovables (EERR) proporcionen o 100% da electricidade e o 97 % no mix enerxético total.

Afondando no tema o Informe de avaliación (IE) nº 5 do Panel internacional do Cambio Climático (IPCC) afirma co 95 % de probabilidade de acerto, ou sexa con certeza, o quentamento global é de orixe antropoxénico.
Cambio de modelo
Para frear ese quentamento e Seguindo o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC), a xeración enerxética con fontes renovables debe pasar do 44 % actual o 74 % en 2030. Iso implica que a potencia instalada debe superar os 120 GW o que o mesmo que multiplicar por 3 a instalada na actualidade, nos vindeiros 7 anos.
Para iso existen fontes renovables de enerxía suficientemente maduras tanto en dispoñibilidade de recursos como en rendemento económico. Poden citarse: minihidráulica, biomasa, fotovoltaica, eólica e fototérmica, como máis comúns. Todas elas na base territorial do sector primario.
Ese sector, como calquera outro, precisa iniciativas e actividades relacionadas coa enxeñería que, resultan, ademais indispensables para alcanzar os obxectivos que fixa a política agraria común (PAC): incremento da competitividade agrícola e silvícola, garantía da sostibilidade e un desenvolvemento equilibrado das comunidades rurais, entre outros.
Plan de transformación europeo
A ises obxectivos pode contribuír o plan de recuperación, transformación e resiliencia que motiva inversións e reformas e prioriza á reorientación do modelo produtivo; ese plan foi obxetivizado con ocasión da pandemia vírica. As inversións inclúen, a transición verde, a descarbonización, a eficiencia enerxética, o despregue dás enerxías renovables e a electrificación dá economía, como feitos máis importantes.
De acordo cos comentarios anteditos a Comisión e o Parlamento europeos consensuaron a nova visión da PAC, establecendo como piar principal o pacto verde europeo; que se aplicará a partires deste ano que andamos, 2023.
O sector forestal no cambio
Ese pacto apela o sector agroforestal que deberá contribuír a loita contra o cambio climático, antepoñendo ós criterios do medio ambiente ós criterios produtivos. Introdúcese o concepto de ecosistema, ao que se destinará o 25 % das axudas directas en cada caso concreto.
Será de interese unha «agricultura de conservación» que logre rendementos similares á tradicional sendo máis respectuosa co medio ambiente e , sobre todo, fomente a captura e secuestro do CO2.
De maneira especial, haberá que fixar atención na produción agropecuaria pola su alta contribución o quentamento global. No caso concreto dos rumiantes, o metano é especialmente nocivo e resulta prioritario xestionar a carga gandeira tendo en conta esa particularidade. Hai que contabilizar que unha molécula de metano grava tanto como 25 de dióxido de carbono.
O desenvolvemento rural necesita enerxía eléctrica e a súa xeración con cero emisións en carbono, (xeración neutra), é prioritaria na descarbonización xa que ten un valor engadido que vai mais alá do propio sector enerxético o axudar a outros, a cumprir os acordos de París del año 2015 e, en consecuencia, posibilitar a reforma dá PAC.
Así o desenvolvemento rural do futuro debe ser máis:
- - Intelixente mediante innovación, dixitalización e apoio as PEMES.
- - Preto do cidadáns, con estratexias de soporte o desenvolvemento sostible.
- - Conectado con un transporte estratéxico e redes dixitais;
- - Social, que priorice a educación, o emprego e a asistencia sanitaria.
- - Descarbonizado, aplicando os Acuerdos de París sobre cambio climático.
Tentei citar algúns datos e feitos que alertan sobre o efecto do cambio nó clima e alentan, non soamente a telos en conta senón, mesmo priorizalos na produción agroforestal e desenvolvemento rural.
Un cambio en aceleración
Como sempre o problema non é o cambio climático senon a enorme velocidade dese cambio. Solemos dicir , ¿qué importancia ten, non é novidade de sempre o clima mudou xa que a nosa atmosfera é dinámica pois é un sistema adiabático e, en consecuencia, pechado sobre si mesma?. Obviamente, se está entrando calor e non sae, a temperatura aumenta. Máis o problema non é que incremente a temperatura, penso eu, senón a vertixinosa velocidade do incremento.
¡O que duraba séculos dura agora anos, e poucos!. Aí está o problema e nós non o percibimos con claridade pois non vivimos tempo suficiente para facelo. Non obstante varias xeracións de nós si que o percibirán pois istes cambios están a ocorrer fundamentalmente agora. Atrévome a sinalar que a atmosfera está a mandar avisos preocupantes e berra ben forte que non debemos continuar polo camiño da emisión sen límites de GEI. Non debemos favorecer o incremento de temperatura na atmosfera.
Aí temos a COP28 de Dubai, merece a pena repasar un pouco como se desenvolveu. A dificultade extrema para aceptar sequera, e a moi longo prazo, uns compromisos limitantes no manexo dos combustibles fósiles.
Estou de acordo que, polo que atinxe o sector primario e, de xeito concreto a produción agroforestal, no será doado cambiar a mentalidade e ademais os atrancos económicos son ben difíciles de sortear. Non obstante, coas novas xeracións e cos novos tempos, estou certo que aparecerán respostas para unha nova forma de facer agricultura. Estou seguro tamén de non errar na miña predición, e sen dúbida algunha, xurdirá unha agricultura dixitalizada que marcará un novo camiño de traballo no medio rural.
Francisco Maseda. Catedrático da USC e exvicerreitor do campus de Lugo 1994- 2002