«Lar», un documental de Agareso no que veciños de Zas e Becerreá reflexionan sobre a vida nas aldeas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

BECERREÁ

.

14 oct 2023 . Actualizado a las 12:39 h.

A Asociación Galega de Comunicación para o cambio social (Agareso) presentará o próximo 21 en Zas o documental Lar, no que as protagonistas falan das súas propias vidas, pero tamén reflexionan sobre as diferenzas de entre medrar na cidade ou na aldea, o despoboamento rural ou os cambios xeracionais.

A rodaxe levouse a cabo nas localidades de Torés (Lugo), Baio e no núcleo urbano de Zas. Agareso optou por facer dúas estreas oficiais, unha na casa de cultura de Becerrá o venres 20, e outra en Zas, o sábado 21 ás 20.00 horas. A entrada será libre ata completar aforo. Tamén estarán presentes os protagonistas da peza audiovisual. Entre eles Hadrián Otero e Ovidio Otero, de Zas. O primeiro é alumno de segundo de bacharelato no instituto Maximino Romero. O seu avó Ovidio ten 83 anos e pasa o tempo con traballos no campo. Sempre viviron xuntos, na mesma casa de Zas. Comparten o gusto polas fotografías e historias antigas.

Outras protagonistas son Claudia Lema e a súa avoa Balbina Rial, de Baio. A rapaza cursa primeiro de bacharelato, tamén no Maximino Romero. Balbina participa en gran cantidade de actividades tódolos días. Comparten intereses polas redes sociais e a praia.

Lar percorrerá os institutos dos concellos nos que se gravou. O obxectivo deste documental é previr a discriminación por motivos de idade e facer ver que os vínculos entre xeracións, pese as diferenzas de idade, poden ser moi satisfactorios.