O Corgo estrea unha gran piscina na área de Chamoso

La Voz

O CORGO

Carlos Castro

A Deputación financiou todas as obras e melloras noas accesos e pistas deportivas

22 jun 2018 . Actualizado a las 18:34 h.

O vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, acompañado polo deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón; o alcalde do Corgo, José Antonio Ferreiro, outros membros da corporación municipal e veciños, inauguraron este venres a nova piscina con tobogáns no río Chamoso que financiou na súa totalidade a Deputación. Para iso, o Executivo Provincial acordou destinar 436.000 euros a este proxecto. Este finalmente foi adxudicado por 306.000 euros. O Goberno decidiu destinar esta baixa na contratación de 130.000 euros a investir en máis melloras nas instalacións deportivas dos veciños do Corgo.

Carlos Castro

Estas consisten na mellora do campo de fútbol, dotándoo de herba artificial. O conxunto destes fondos, segundo indicou o vicepresidente provincia, forman parte dos 1,8 millóns que leva destinado o executivo da Deputación á dotación e mellora de servizos públicos para os 3.500 veciños deste municipio

Carlos Castro

Mellora de acceso á piscina

Hoxe mesmo, o vicepresidente supervisou a execución doutra destas actuacións, que consiste na mellora do firme e da seguridade na LU-P-1602 de San Cristovo por Adai á LU-106 que se está a levar a cabo. Son traballos que financia o Goberno da Deputación con 321.000 euros e que contribúen a que a piscina do Chamoso teña mellores accesos, pois esta vía conecta con esta instalación deportiva. A estes investimentos súmanse os de outros 216.000 euros para a mellora da LU-P-1603 de Gomeán por Maceda, da LU-P-1605 de Cabreiros a Arxemil e da LU-P-1608 da Campa a Quinte; os case 350.000 euros para o acondicionamento de accesos en Lousado, na Estación, Bocelo, Gándara, O Corgo dende a N-VI, camiño das Campas, acceso á N-VI ao Hospital e construción de beirarrúas dun treito da N-VI; ou os 127.000 euros para os saneamentos en Chousa, Campo, Escoureda, Paradela e o colector de Cambeiro á Portela.

Carlos Castro