Presentado o libro «Alento animal», de Son d'Aldea

La Voz

PALAS DE REI

O acto tivo lugar no IES do Camiño de Palas de Rei

04 dic 2018 . Actualizado a las 13:23 h.

O IES do Camiño de Palas de Rei acolleu o acto de presentación do libro «Alento Animal», publicado pola Asociación Cultural Son D´ Aldea 2017, baixo a dirección de Afonso García Penas, e que recolle as distintas escenas e transicións das que se compuxo o espectáculo teatralizado celebrado este ano en Albá, Vilafofé e Santo Xusto. No acto estiveron presentes membros da organización do Son D´ Aldea, representantes de Metátese Teatro, da Asociación Entreportas, do equipo directivo do IES do Camiño e do Colexio de Palas de Rei, así como o concelleiro Amando Sande representando o Concello de Palas como entidade colaboradora.