Jim Sports e Palas de Rei firman un convenio para a xestión do novo ximnaso
PALAS DE REI
Os veciños da localidade que o acrediten poderán inscribirse por un precio reducido
13 ago 2019 . Actualizado a las 14:02 h.O grupo empresarial Jim Sports e o Concello de Palas de Rei pecharon onte un acordo que permitirá aos veciños da localidade acceder as novas instalacións deportivas: ximnasio e salas (aeróbic, zumba, pilates, etc). O ximnasio conta con máis de 1.000 metros cadrados de superficie útil para as diferentes prácticas deportivas.
As instalacións, que se abrirán o próximo 19 de agosto, están dotadas dun equipamento de última xeración a un prezo especialmente reducido para todas aquelas persoas que acrediten mediante certificado de empadroamento a súa residencia no termo municipal. Esperan desde o Concello que estas instalacións supoñan unha importante mellora nos servicios deportivos na Comarca da Ulloa, e tamén que culmine o asentamento desta multinacional (Jim Sports) no municipio de Palas de Rei.
O novo ximnasio, no polígono de Palas de Rei, comenzará o seu funcionamento cunhas xornadas de portas abertas (do día 19 de agosto ao día 15 de septembro) dirixidas aos potenciais usuarios. Este Ximnasio, que supuxo unha inversión de máis de 600.000 euros, dará servicio aos máis de cen empregados cos que actualmente conta o Grupo Jim Sports, en Palas.