Haberá actividades educativas ata o día 27
17 nov 2020 . Actualizado a las 13:08 h.O Centro de Información á Muller do Concello de Palas de Rei organizou un programa de actividades para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero:
· Mércores 18, 10.00-14.00h, Praza da Ulloa. Stand e obradoiros da campaña «Agresión off: eu digo non á violencia sexual 2020», de sensibilización e prevención. Participarán alumnos do IES do Camiño de Palas.
· Domingo 22, 17.00h, Casa da Cultura. Alentía Teatro, Herdanzas maternas. Un conxunto de historias que abordan con tenrura e humor problemas como a igualdade de oportunidades, o acoso escolar, a paz, o respecto ou a educación.
· Mércores 25, CEIP de Palas de Rei. Entrega ao alumnado dun xogo didáctico, «Concello de Palas de Rei en Igualdade, coñece o teu Concello», un xogo ameno e divertido que transmite valores como a igualdade, o respecto, a convivencia, e unha chea de cousas sobre a contorna.
· Venres 27, 16.15h, CEIP de Palas de Rei. Obradoiro «Todos e todas a colaborar no fogar», dirixido a AMPA do colexio e dentro da campaña Corresponsabilízate.