Sarria, sede dun encontro de asociacións do Camiño: «O domingo imos xuntarnos máis de 300 persoas»

Laura López LUGO / LA VOZ

SARRIA

José Manuel López Cela, presidente del Grupo Xacobeo Sarria
José Manuel López Cela, presidente del Grupo Xacobeo Sarria CEDIDA

O presidente do Grupo Xacobeo Sarria, José Manuel Cela, anunciou que, ademais dunha andaina e unha comida, haberá unha homenaxe a Jorge López en La Unión

12 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

José Manuel López Cela é o presidente da asociación Grupo Xacobeo Sarria, anfitrioa do II Encontro Asociacións do Camiño de Santiago, que se celebra este domingo, día 13. Comezará cunha andaina desde Samos ata Sarria e seguirá con sesión vermú, comida e festa na Unión. «Tamén lle faremos unha homenaxe ao recentemente falecido Jorge López, que foi presidente da Asociación Amigos do Camiño en Sarria. Será un acto de recoñecemento na Unión», explica.

—Que colectivos participan?

—Ademais do noso, a Asociación Camiños pola Ribeira Sacra, de Monforte, e a Asociación de Amigos do Camiño de Lugo. En total, imos xuntarnos máis de 300 persoas. O ano pasado celebrouse en Monforte, e no 2025 será en Lugo.

—Que outras actividades ten previsto o Grupo Xacobeo Sarria?

—Pois retomamos as excursións e rutas cada quince días. A primeira será o día 27, á Illa de Arousa, e en novembro teremos outra polo Camiño Real. Somos máis de 300 socios e a verdade é que estas actividades teñen moito éxito e participa moita xente.