VER PARA MIRAR

SANDRA FAGINAS falar.ben@lavoz.es

OPINIÓN

20 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Unha das características principais que distinguen o galego do norte e o do sur é a diferencia no uso dos verbos ver e mirar . En realidade, na maior parte de Galicia distínguense os dous verbos, mentres que na zonas do Morrazo, Tui, e no Val de Fragoso substitúen tódalas acepcións de ver por mirar . Así, é habitual escoitar neses lugares «¿miraches a película?» en lugar de «¿viches a película?» e mesmo expresións do tipo «¿pero non miras que non miro?» no canto de «¿pero non ves que non vexo?». A distinción non é tan doada como en principio parece, se nos atendemos a algunhas definicións dos diccionarios. No Xerais (2000) ver é ¿percibir polos ollos a forma e cor dos obxectos mediante a acción da luz¿ e mirar ¿aplicar o sentido da vista sobre unha persoa ou cousa para vela¿. Na súa segunda acepción, ver defínese como ¿observar, mirar unha cousa con atención¿ (Vin o partido na casa) e mirar ¿examinar cos ollos¿ (Miraba o cadro) . De acordo con isto último, poderían empregarse indistintantemente na lingua expresións como miraches a película e viches a película . A definición do diccionario da RAG é máis clara. Ver é ¿recibi-las imaxes dos obxectos da realidade polo sentido da vista¿ e mirar ¿fixa-la vista de maneira intencionada en algo ou alguén¿. A diferencia establécese na percepción e atención do que ve e mira . Ver é ¿percibir¿ e mirar ¿dirixir a vista¿. Polo tanto, é imprescindible ver para mirar.