O recente referendo no Reino Unido sobre o sistema de elección para a Cámara dos Comúns lembrounos que o poder político non emana só dos votos emitidos, senón tamén da matemática que se faga con eles. Nos vindeiros comicios locais aplicaremos a lei D?Hondt, que fai xustiza ao peso do voto, pero que aínda así dá un certo xogo. Para amplificar e visualizar a súa esencia deseñemos un exemplo forzado: un concello para o que tivésemos que repartir 5 concelleiros en base a 4.356 votos emitidos do seguinte xeito: partido A = 1.504 votos, partido B = 1.002 votos, partido C = 1.000 votos, partido D = 450 votos, partido E = 400 votos. Aplicando a lei D?Hondt, o partido A sacaría 3 concelleiros; B e C, 1 cada un. O partido A, co 34,5% dos votos, tería a maioría absoluta. Pero se os partidos B e C concorresen en coalición, os seus 2.002 votos conxuntos daríanlles a maioría absoluta. En realidade, nun concello así repartiríanse de 11 a 13 concelleiros e o resultado real sería máis proporcional, pero percíbase a capacidade do sistema para mudar o poder con pequenas franxas de cambio de voto ou estratexia de partido.