Indepedencia e ciencia

Jorge Mira Pérez
Jorge Mira O MIRADOR DA CIENCIA

OPINIÓN

16 sep 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Se Cataluña se independizase de España, un dos problemas esenciais sería o reparto de bens, como no divorcio dun matrimonio. O do patrimonio científico sería complexo, porque en España chegouse a unha concentración da actividade científica en torno a Barcelona e Madrid que xera unhas diferenzas co resto do país comparables ás que teñen Real Madrid e Barça no fútbol (con isto quero dicir que non gardan proporción coa súa diferenza de poboación). Madrid é unha das 20 cidades do mundo de máis produción científica e a aposta por Barcelona fixo dela o principal polo de ciencia do sur de Europa. Un símbolo do que digo é o sincrotrón (un acelerador de partículas que produce radiación electromagnética de alta enerxía) Alba, situado en Cataluña. Hai máis dunha década participei nunha xuntanza de apoio a esa instalación, que custou máis de 200 millóns de euros, a metade pagados polo ministerio. Coa independencia, esa aposta estrela da ciencia española quedaría noutro país. Se o Barça podería seguir xogando a Liga española, habería que buscar mecanismos semellantes na ciencia.