O perverso efecto da fama

Marina Mayoral
marina mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

30 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Todos os delincuentes famosos tiveron imitadores, desde Jack o destripador a Charles Manson pasando por Al Capone. Non é de estrañar que en Canarias aparecese un grupo que se autodenomina La Nueva Manada.

A imitación dunha conduta delituosa pode deberse á identificación con esa conduta e á admiración ante alguén capaz de realizar o que eles desexan e non se atreven a facer, sentimento frecuente nos crimes racistas, nas violacións e nos roubos a gran escala. E tamén, moi frecuentemente, o detonante para converterse en imitador é a fama alcanzada polos delincuentes. Probablemente no caso de Canarias funcionan ambos os motivos.

O desexo de notoriedade pode ser, nalgúns casos, o que provoca o delito. Hai anos, dúas adolescentes asasinaron a unha compañeira porque matala era unha experiencia que lles permitiría «facerse famosas». Elas admiraban a José Rabadán, o mozo menor de dezaseis anos que matou os seus pai e á súa irmá cunha catana e que acaparou a atención mediática durante meses. Nestes días, un dos membros da manada orixinal pretendeu renovar o seu pasaporte, cousa sorprendente na súa situación, pero non carente de sentido. O que conseguiu foi atraer de novo a atención cara a el, xa non como grupo senón individualmente. O próximo paso será facer declaracións…Témome que as Manadas van proliferar.