O farol independentista

OPINIÓN

06 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A ameaza independentista de retirar a Pedro Sánchez o seu apoio para gobernar sufriu un rudo golpe coa enquisa do CIS, que mostra unha clara subida dos votos socialistas.

En calquera caso, a ameaza era máis un farol que unha ameaza real, porque os independentistas non poden ignorar que nunca van ter un presidente máis disposto a aguantar os seus desafíos sen tomar represalias. No caso de que fixesen efectiva a súa ameaza, o peor que podía pasarlle a Sánchez é ter que convocar eleccións.

Se as gana, e agora parece que a cousa empeza a ser posible, a súa situación fronte aos independentistas sería mellor que a de agora. E se as perdese, nin Partido Popular nin Cidadáns, que son os únicos con probabilidades, vista a crecente desfeita de Podemos, serían máis propicios a Puigdemont e compaña. Ou, dito doutro xeito, os independentistas non poderían sacarlle a ningún deles as talladas que aínda poden sacarlle a Pedro Sánchez.

Temos goberno para polo menos dous anos, así que, xa ben asentado o señor Pedro Sánchez na cadeira presidencial, sería de desexar que eses estupendos ministros que temos puxesen un pouco de orde na vida cotiá, e a sufrida cidadanía non tivese que soportar situacións como a creada polos taxistas, máis parecida a unha chantaxe que a un democrático dereito de folga; ou á creada pola masiva chegada de inmigrantes.

E aínda por riba, esta calor de mil diaños… En fin, que os que empezan vacacións collan forzas e gocen, que o outono pode ser peor. Sería de desexar que estes estupendos ministros puxesen un pouco de orde na vida cotiá, e a sufrida cidadanía non tivese que soportar situacións como a creada polos taxistas