Un caso de solidaridade cidadá

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

ROYAL CANIN / MASCOTEROS SOLIDARIO

26 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Ocorreu no AVE Barcelona-Málaga. Unha muller nova viaxaba co seu fillo e levaba un transportín cun can con buceira que non molestaba a ninguén, pero o interventor di que excede as medidas regulamentarias e debe abandonar o tren na seguinte estación. A nai, chorando, explícalle que ten pasaxes para Panamá e iso equivalería a perder o voo. Os viaxeiros póñense da súa parte: pasou todos os controis antes de subir ao tren, non pode botala despois. Chaman a Renfe, que lle dá a razón á pasaxeira e pide que se poña ao teléfono o interventor. Este négase. El é a máxima autoridade no tren. Iso mesmo ratifica a seguridade do AVE e a policía de Lleida, que di que o único que poden facer por ela é poñer todos os medios á súa disposición para que chegue ao seu destino canto antes, pero que ten que baixar do tren. Todos tentan consolar á muller, e algúns viaxeiros mesmo lle dan diñeiro para os gastos que a expulsión vai ocasionarlle. Renfe abre un expediente informativo e obriga ao interventor a acudir a un curso de atención ao cliente. Recoñece que lle faltou «aplicar o sentido común».

A conclusión podería ser : «Ponlle gorra a un empregadiño e faralo un caciquiño», pero prefiro destacar o rexeitamento xeral ao abuso de autoridade, mesmo por parte da policía, e a solidariedade coa vítima.

.