Pobristas

Xose Carlos Caneiro
Xosé Carlos Caneiro O PAÍS DAS MARABILLAS

OPINIÓN

Pool

21 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O pasado sábado, nunha entrevista antolóxica de Pablo González en La Voz, o eximio intelectual Antonio Escohotado introduciu un neoloxismo perturbador: pobristas. «Solo podemos ser iguales ante la ley; cualquier otro tipo de igualdad es tiránica y monstruosa. Se trata de rasar a la baja. Y eso lo hemos conseguido», argumentaba Escohotado. Igualar por abaixo ata arribar á miseria. Tamén falaba do esforzo: dinamitado nesta España de subvención e populismo. As bolsas de estudos daranse só en función da renda, anunciaron esta semana: o mérito non cotiza. No Goberno, esa é a verdade, figuran asesores de reximes políticos que levaron os seus países á ruína. Eles tamén fixeron da igualdade o seu obxectivo e igualaron a todos, e todas, ata o punto da fame e a revolta social. Vivimos os peores tempos dos que teño memoria. De contado aparece un ministro de Consumo que bota pestes contra o turismo, e non dimite. Despois, «el impuesto a las grandes fortunas», afirma Iglesias. En todos os lugares onde se levou a cabo, obtivo o mesmo resultado: doloroso. Lembran cando o actor Gérard Depardieu marchou a Rusia e o dono de Louis Vuitton a Bélxica? Os da Galia non volveron caer naquel erro. Agora poñen miles de millóns para que as empresas regresen a producir en Francia. E nós trememos de medo. En Madrid están gobernando baixo o imperio do sentido común? Non parece razonable tirar pedras contra o propio tellado. Porque se igualamos por abaixo e non hai estímulos para os laboriosos, vai suspender a clase enteira. Porque estamos xogando co futuro dos nosos fillos. Porque abonda de Tezanos e propagandas. Porque a miseria compartida non é menos miseria. Os pobristas sobran.