«The Crown»

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

Netflix

07 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A cuarta temporada de The Crown provocou que a casa real inglesa rompese o discreto silencio que mantiña ata o de agora. Acúsase á serie de inexactitudes históricas, e de parcialidade na súa visión dos personaxes. O director, Peter Morgan, respondeu: «A exactitude pódese sacrificar, e estase sacrificando, pero nunca a verdade». Morgan ten razón. A serie non é unha reportaxe sobre a familia real británica. É unha obra de ficción sobre a monarquía. Xa desde os títulos de crédito, resáltase a importancia dun ente abstracto, que se vai concretando ante o espectador aos sons dunha música solemne nun obxecto case divino: A coroa!, un poder ao cal se supeditan vidas e destinos e que inspira un respecto case divino. Isabel II é quen sae mellor parada. Ela é a representación vivente da monarquía. Sacrifica a súa vida, o seu papel de nai, de irmá, de esposa aos seus deberes de raíña. A serie preséntaa sufrindo por iso, cousa quizá inexacta, pero verosímil, condición indispensable nunha ficción realista. E ese sufrimento humanízaa e achégaa ao espectador.

Na serie queda clara a evolución da monarquía británica, desde o seu relevante papel na historia nos anos da guerra mundial a ser carnaza dos tabloides polas historias sentimentais dalgúns membros. Da deriva cara ao «culebrón rosa» non é culpable The Crown. Morgan dá a súa propia visión dos sucesos e das persoas que os viviron, sen faltar á verdade histórica. Neso consiste a creación artística.

O resultado penso que é excelente.