Heteroxeneidade nas vacinas

Jorge Mira Pérez
Jorge Mira EL MIRADOR DE LA CIENCIA

OPINIÓN

Juan Manuel Serrano Arce

13 feb 2021 . Actualizado a las 19:26 h.

O INE desvelou que dende o 2 de febreiro do 2020 ata o 31 de xaneiro do 2021 morreron en España 500.671 persoas. A mortalidade esperada para eses 12 meses era dunhas 411.000. É dicir, levamos acumulado un exceso de case 90.000 mortos. O cuarto estudo de seroprevalencia, que cubriu ata novembro, indicou que se infectaran case 5 millóns de españois. Isto é un 10 % da poboación. Son datos globais arrepiantes, pero o seu reparto non é homoxéneo en España. Xa no estudo de seroprevalencia da primeira onda quedara claro: mentres na provincia da Coruña a taxa de infectados era do 1,8 %, en Soria pasaban do 14 %. O estudo ata novembro desvelou tamén que, mentres en Galicia o acumulado de infectados andaba polo 4 %, Madrid xa se achegaba ao 20 %. Dende aquela ata agora pasaron 2 meses e medio, cunha 4ª onda na que tivemos incidencias acumuladas de cerca do 1 % quincenal (infectábanse case 1.000 persoas de cada 100.000 cada 14 días). España vai camiño dun punto no que se infectou o 15 % da súa poboación e posiblemente nalgunhas áreas de Madrid vaian camiño de ter infectado preto dun terzo da súa poboación.

Dado que un infectado acada inmunidade durante varios meses, parece obvio que Madrid está máis cerca que Galicia do punto de inmunidade de rabaño. A heteroxeneidade tamén se debería reflectir no reparto das vacinas, máxime tendo en conta o diferencial galego na porcentaxe de persoas maiores.