«Sentinme unha ovella no medio dun tecido de lobos»

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

MARCOS CREO

06 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Quero deixar de ter medo á noite 

Antes non tiña pensado no acto máis violento que podía sufrir. E refírome, co de antes, aos anos que vivín en Santiago e en Madrid. Saía e entraba, coñecía, falaba e bicaba sen maior reparo que o propio sentimento cara a persoa que tiña diante. Facía e desfacía. E si, volvía soa á casa pola noite. Porque o que eu decidía era vivir no sentido extenso da palabra. Decidía relacionarme sen medo tanto coa xente coma co espazo.

Polo mediado do mes de xullo fun de viaxe a unha cidade do norte con tres amigas. Coma se co solpor espertasen cen monstros de golpe, sentinme unha ovella no medio dun tecido de lobos. Na noite só quixen que fose día. Só quixen regresar ao piso franco da miña amiga Mar, pechar a porta e sentirme a salvo das submisións ás que, quen queira, pode someterme. Teño unha sensación de indefensión que nunca experimentara, e sinto moita vergoña de contarlla ao meu círculo próximo. Non quero ir xunto a miña nai e dicirlle que sinto medo de que me violen despois de «sufrir un calambre», porque sei que me educou para que pensase diferente.

Quero ser cidadá de pleno dereito. Non reclamo nada máis que todo o que vai dito entre e por enriba das liñas dos artigos que reforzan este dereito. Necesito non crer que esta vai ser a nova eu que me acompañe. Necesito non desandar os pasos que dera na miña percepción de seguridade. Necesito deixar de ser unha ovella. Laura Pardeiro Álvarez.

 Dous pastores e os seus rabaños

Cando unha institución leva tanto tempo nun territorio a identidade de quen o habita enlázase intimamente a ela. Isto é o que pasou coa supresión dos cadaleitos na procesión de Santa Marta de Ribarteme. Falamos dunha procesión que é á vez un acto litúrxico e un feito que representa parte do patrimonio inmaterial de Galicia. A Igrexa considerou nociva a presenza dos cadaleitos, mentres que noutras partes de Galicia persiste este costume, coma na procesión do Nazareno da Pobra do Caramiñal.

Como podemos traballar durante anos para manter ou recuperar tradicións se non nos ampara ningunha seguridade de que en calquera momento xurdirá un ministro da Igrexa que tire por terra todo o feito? Como é posible que a interpretación particular dunha persoa adquira un rango decisorio sobre a identidade das comunidades?

Urxe unha reflexión sobre esta cuestión de fondo: as formas foron desastrosas, o xeito de implantación foi irrespectuoso, así como a xustificación transmitida pola institución. Animamos desde aquí aos veciños de Ribarteme a loitar polo propio, polo que ven no espello cada día, e a lembrar con esperanza unha verdade: os pastores pasan, os rabaños permanecen. Luciano Otero Álvarez. Pontevedra.

 Concierto Amizades

Como todos los años en agosto se celebran las fiestas de nuestra ciudad, donde los coruñeses tenemos la oportunidad de disfrutar de unos merecidos días de descanso con actuaciones variadas para los mayores y entretenimientos para los más pequeños.

Sorprendentemente después de 30 años, es la primera vez que en el programa de fiestas no se cuenta entre las actuaciones con el grupo musical «aficionado» Amizades. Grupo que ha llenado hasta la bandera de la plaza de María Pita en muchas ocasiones, y sus boleros son el reclamo de un público incondicional (de 50 años hacia arriba) que también vota en las municipales.

Es una pena que alguien se haya olvidado de ellos dando preferencia a otro tipo de actuaciones. No olvidemos que Amizades hace conciertos solidarios y obras de caridad a los más necesitados (Asociación de enfermos de Alzheimer, Cáritas, Cocina Económica, Lucha contra el Cáncer, Síndrome de Down, etcétera). Con sus canciones hacen que los jubilados, no solo de esta ciudad sino de cualquiera que nos visite, pasen una tarde agradable recordando momentos irrepetibles de sus vidas.

Los asistentes no solo no manchan, ni fuman, ni beben, en sus conciertos, sino que sus únicas exigencias pueden ser una silla para sentarse y a esperar a las habaneras de La Coruña, quienes se emocionan cuando tararean «que más se puede pedir que vivir en La Coruña». Promocionemos y potenciemos a grupos que ensalzan a nuestra ciudad, sus moradores y todos aquellos que nos visitan.

Los mayores también tenemos derecho a disfrutar, sobre todo cuando no se molesta a nadie. Mientras puede verse como en otras ciudades de España somos los más mimados. Jose Manuel Mañana Rendal. Oleiros.